A web de Jako

0
245

grupo-america-sl-2010-web-de-jako2Portada da nova web de Jako, nova incorporación de América SL

Así de primeiras é normal que ao mellor non saibas quen é o tal Jako. Coñeces a varios e traballan en orquestras e grupos musicais. Pero se segues os grupos punteiros polas verbenas de Galicia e rebobinas un pouco na túa cabeza vas descubrir quen é o tal Jako.

Remóntate a 2004 e 2005 e sitúate diante do grupo CINEMA; si, aquel que despois se converteu en orquestra, aquela formación que tiña a unha novísima Vanessa Fernández de cantante e a un rapaz, máis novo aínda, cun estilo moi persoal como vocalista.

Un pouco máis fácil para a túa memoria: ano 2008, orquestra ISMAEL. Si, xa sei que desapareceu, pero acórdaste dun dos seus cantantes? Xa sabes quen é Jako.

Pois Jako Singer regresa despois dun ano de descanso e faino con varios proxectos baixo o brazo. Para coñecer o artista e levar un pouco máis de cerca a súa traxectoria tes ao teu alcance unha impresionante web persoal do cantante. O site de Jako é do melloriño que hai nestes momentos entre os compoñentes de orquestras e grupos musicais. Web moi atractiva, ben montada, clara e completa.

O que fora un dos referentes na etapa 2004-05 de CINEMA volve, e por duplicado: dunha banda é xa o novo vocalista doutro grupo musical de referencia na verbena galega; AMÉRICA SL, grupo pontevedrés que ademais cumpre esta temporada 25 anos de existencia. Por outra banda Jako potencia tamén a súa outra faceta no mundo da música noutro grupo de corte distinto: LA DULCE MARÍA, pop rock dos 80 moi ben versionado da man do vocalista e outros tres músicos, vellos coñecidos todos eles da verbena galega.

Parece que o músico e cantante volve coas pilas moi ben cargadas. Desexámoslle moita sorte tanto en AMÉRICA SL como en LA DULCE MARÍA… Jako por partida dobre.

web de Jako: http://www.webjako.com

Sen comentarios

  1. Gran artista, le deseo mucha suerte en esta nueva temporda. Una pregunta, en que grupo estuvo en el año 2003, que creo ya andaba por ahí. Saludos y enhorabuena por la página.

Deixa unha resposta


*