De romaría a Foz: O Bispo Santo

0
439

orquesta-jerusalen-2010-cartelA orquestra Jerusalén abre as festas do Bispo Santo, en Foz, xunto co grupo Océano

14, 15, 16 E 17 DE MAIO EN FOZ: ROMARÍA DO BISPO SANTO

Celébrase esta fin de semana longa unha das romarías con máis tradición da mariña lucense: O Bispo Santo de Foz, na parroquia de Forxán. Este ano a novidade é un día máis de celebracións aproveitando que o luns é festivo (Día das Letras).

A festa comezou hai unhas horas e remata o luns pola noite coa última verbena. A esta cita acoden milleiros de persoas durante os catro días de celebración. Familias e grupos de amigos trasládanse cos seus utensilios de campo para divertirse, comer e cantar nas cantinas colocadas no monte do Santo. Xunto coas cantinas instaláronse tamén estes días os chiringuitos e atraccións de feira para a celebración da romaría.

Para as catro verbenas, a comisión de festas elaborou o seguinte programa:

VENRES 14: ORQUESTRA JERUSALÉN E GRUPO OCÉANO

SÁBADO 15: ORQUESTRA EMPERADORES E GRUPO MÁSTER

DOMINGO 16: ORQUESTRA FIN DE SIGLO E ORQUESTRA ACHÉ

LUNS 19: ORQUESTRA POR DETERMINAR

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*