Todo sobre as festas da Ascensión en Santiago de Compostela

0
547

cartel-ascension-2009-santiago-de-compostela

Podes clicar na imaxe para vela a tamaño máis grande

Xa está todo preparado para as festas pequenas de Santiago, as da Ascensión. Desde o mércores 20 ata o domingo 24 levaranse a cabo máis de 70 actividades festivas para que as festas de maio sexan todo un éxito na capital galega.

O recinto de atraccións instalado na carballeira de Santa Susana, presidido pola Noria Sánchez, a roda itinerante de cabinas máis grande de España, funciona xa desde esta pasada fin de semana e ata o día 31 de maio.

En canto ao programa musical destacan as verbenas na Alameda e os concertos programados en distintos lugares da cidade. Así, o mércores 20 de maio haberá unha actuación con entrada gratuíta de LOS DELINQÜENTES e LIRIDADE NOCTAMBULA no Campus Sur. O grupo CICLÓN actuará na verbena da Alameda e BLACK GHANDI (reggae) na praza do Toural.

O xoves 21 de maio (festivo local en Compostela) está programado o concerto con entrada gratuíta de NENA DACONTE e DIRTY SOCKS no Campus Sur. A orquestra TROVADORES actuará na Alameda e  THE JEWS BROTHERS BAND no Toural.

O venres 22 de maio: Rock na Ascensión no Sar. O grupo orquestral AMÉRICA na Alameda e BONOVO no Toural.

O sábado 23 de maio: XI Festa dos Maiores en Amio coa actuación da orquestra LAMAS. A orquestra FANIA BLANCO SHOW actuará na Alameda e PEDRO MORAES (Brasil) no Toural.

Outras actividades destacadas nas festas compostelás son o Concurso Cabalar da Ascensión en Amio con concursos, exhibicións de doma de alta escola e fantasías ecuestres así como o Compostela Skate’09 no Campus Sur. Tamén haberá cabezudos, folc na rúa, campionato de chave, unha festa rock infantil, a III Carreira Solidaria e unha nova edición da Volta Ciclista da Ascensión.

Podes consultar o programa completo das festas da ASCENSIÓN 2009

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*