Broche de ouro na Pobra

0
633

Orquesta Ledicia 2009A orquestra Ledicia Espectáculo, na imaxe, xunto con Los Player’s, cerrará esta noite o Nazareno na Pobra do Caramiñal / © foto: roxegar 2009

Rematan hoxe as festas do Nazareno, na Pobra do Caramiñal. Máis de 50.000 persoas asistiron durante a mañá de onte á gran procesión que percorreu as céntricas rúas da vila pobrense, como cada ano, cos ataúdes, no que se chama a Procesión das Mortallas. Despois, durante todo o día e mesmo a noite, o goteo de xente polas atraccións e as verbenas foi constante.

Cunha gran sesión pirotécnica ás 24.00 horas desta noite dáse por cerrada unha nova edición do Nazareno na Pobra. Para a última verbena deste ano, a partir das 21.30 horas, contarase con dúas orquestras de excepción: LEDICIA ESPECTÁCULO (desde Ourense) e LOS PLAYER’S (desde Ferrol), ambas pertencentes a Alfa3 Producciones.

LEDICIA ESPECTÁCULO presentará todo un repertorio bailable con grandes coreografías mentres que LOS PLAYER’S, cunha presentación máis clásica, ofrecerán temas de baile xunto a outros de exhibición vocal. Unha moi boa proposta para cerrar as festas na Pobra.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*