Verbena e concerto a diario na Peregrina de Pontevedra

0
435

grupo-alcotan-2010O grupo Alcotán será o encargado da verbena en Pontevedra o xoves día 12. Máis de 12 orquestras e grupos amenizan as festas da Peregrina

Deron comezo o sábado as esperadas festas da Peregrina, en Pontevedra; as máis importantes da cidade. As atraccións funcionan xa a pleno rendemento e as verbenas e concertos vanse sucedendo día a día. Na renovada praza de España teñen lugar as actuacións de maior importancia debido á capacidade do lugar para acoller unha multitude de xente. As verbenas, como é costume nas últimas edicións, paralelas á alameda que acolle as casetas de feira e postos de venda, na rúa Montero Ríos.

E cada noite concerto e verbena. Xa pasaron por Pontevedra o grupo HADA, o grupo NARANJA, CALIBRE, as orquestras COSTA AZUL e HIROSHIMA e esta noite tocáballe a ATLANTA.

A agrupación CANELA é a encargada de pasar mañá por Montero Ríos para a verbena. ALCOTÁN farao o xoves, ALABAMA e ARENA BAND o venres, e para o sábado 14 está prevista a actuación de CARRUSEL e TALISMÁN. A última verbena da Peregrina 2010 estará amenizada polo grupo D’MOMENTO.

E en canto aos concertos, xa pasaron por Pontevedra LOS SUAVES, EL SUEÑO DE MORFEO, BEBE e esta noite, LOS SECRETOS. Para mañá mércores toca o musical de ABBA, para o xoves o festival de corais, para o venres a festa DJ MÁXIMA, WAILERS o sábado e cerrando as festas, o domingo, SUSANA SEIVANE.

Todo tipo de música e de formacións musicais para unhas festas que, en palabras da concelleira de cultura, non puideron empezar con mellor pé e maior asistencia de público. O tempo tamén está axudando.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*