Nova web para a orquestra Suavecito

0
328

orquesta-suavecito-2010-webEn portada Ricardo Blanco, unha das voces masculinas da orquestra Suavecito.

A orquestra SUAVECITO, de Espectáculos Lito, presenta desde hai uns días a súa web actualizada para o que será a xira 2010 desta banda que consegue moi boas críticas alá onde actúa. A formación musical liderada por Fátima, Beatriz, Richard e Fernando irá ofrecendo nos próximos meses as novidades no repertorio e mais no espectáculo de cara aos meses altos da temporada.

O primeiro destes cambios refírese á páxina web da orquestra, máis moderna e directa, cos mesmos apartados de sempre pero actualizados: compoñentes (os mesmos da temporada 2009), actuacións (coas datas de xaneiro incluídas), multimedia (con apartado completo de fotos, un apartado de vídeos e outro de música que se poñerá en funcionamento en breve), enlaces (ás redes nas que está presente a orquestra, aos blogs e páxinas de información de orquestras, incluído Festa a Festa, a páxina de Espectáculos Lito e outros enlaces a outras webs interesantes como por exemplo a de Manoele, compañeiro ata 2009 do grupo LIMÓN, etc…).

Tamén podes acceder á información sobre o CD de SUAVECITO, Mentalízate, do que falamos no seu momento en Festa a Festa, cunha compilación da maioría dos estilos incluídos no repertorio da orquestra.

MENTALÍZATE… a orquestra SUAVECITO xa está en ruta!!!

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*