Nadela celebra a súa Feira do Entroido

0
420

nadela-2010-feira-de-entroido

A só sete quilómetros do centro de Lugo ten lugar unha das feiras de Entroido máis concorridas da zona: a Feira de Nadela. Coincidindo en día e en tipo de actividades con Lalín e a súa Feira do Cocido, nesta localidade luguesa tamén exaltan os produtos típicos do porco con moitos actos e, como non, música de festa. Nesta ocasión anúnciase a actuación da orquestra ALABAMA SHOW ademais de charangas e pasarrúas durante toda a xornada. Haberá servizo de autobuses desde Lugo e o recinto estará cuberto por unha gran carpa.

O pregoeiro deste ano é Rafael Vázquez, natural de Nadela, ao igual que todos os pregoeiros que ata agora abriron as anteriores edicións como o director da CRTVG Luis Pérez, ou conselleiro de Política Territorial de Aragón Rogelio Silva Gayoso… entre outros. Rafael Vázquez é o fundador de Arenal Perfumerías con máis de 20 tendas en Galicia na actualidade e a recente adquisicion da cadea perfumeira El Pincel, e sempre apoia calquera acto que se celebra na súa vila natal. Chegou o momento, para el, do recoñecemento.

PROGRAMA DA FEIRA DE NADELA

09:00 Asignación de postos, exposición e venda de produtos.

12:00 Entrega dun obsequio ós expositores.

12:30 Recepción de autoridades.

13:00 Benvida do alcalde de lugo, José C. López Orozco e do delegado da consellería de Medio Rural, Emilio López Pérez; pregón a cargo de Rafael Vázquez Reija, propietario do grupo Arenal

13:30 Convite a un viño galego con tapas de produtos do Entroido.

Ao longo da mañá actuacións de charangas, pasarrúas, grupos folclóricos e sesión vermú coa orquestra ALABAMA SHOW.

ALABAMA SHOW é a encargada de poñer o broche final en Nadela.

alabama-show-poster-webA orquestra Alabama Show é a encargada da sesión vermú e da verbena nocturna

nadela-2010-feira-de-entroido-cartel-2

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*