Panorama cerra as festas en Bértoa

0
147

orquesta-panorama-2009-cartelA parroquia de Bértoa, en Carballo, cerra dentro dunhas horas as súas festas por todo o alto: coa orquestra PANORAMA. Os veciños xa estiveron de celebración o pasado día 16 con verbena da man do grupo CICLÓN. As festas interrompéronse ata a xornada dominical, na que actuará a famosa orquestra para cerrar a cita festeira ata o vindeiro ano.

O espectáculo de PANORAMA, El gran musical, aterra na parroquia bergantiñá, onde este ano houbo menos ocasións de presenciar o espectáculo desta orquestra xa que non estivo nas citas máis importantes da comarca como o San Xoán. É esta unha grande oportunidade, pode que a última por este ano, para gozar da música e do espectáculo aos que nos ten acostumados a formación musical.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*