Web festeira para o queixo de Arzúa

0
189

arzua-2010-festa-do-queixo-web

A festa gastronómica por excelencia en Arzúa xa ten web. Desde hai un tempo podemos visitar o novo sitio onde se nos ofrece todo tipo de información sobre a cita gastronómica e festeira que terá lugar a vindeira fin de semana.

Os apartados da páxina web da Festa do Queixo de Arzúa son moi prácticos para coñecermos todo o necesario sobre a exaltación gastronómica deste produto. Un apartado dedicado ao queixo, á súa elaboración, produción, etc; outro apartado dedicado á feira arzuana con toda a información; un máis dedicado á programación da festa, con todos os actos programados nos tres días; outro tipo de información práctica onde podemos atopar bases de concursos, itinerarios e liñas de autobuses; e para finalizar un apartado de prensa con todas as novas relacionadas.

A vindeira fin de semana hai unha cita cultural e gastronómica en Arzúa, e non é calquera cita: é a Festa do Queixo na súa XXXV edición.

Web da Festa do Queixo: www.festadoqueixo.org

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*