Celebración das Dores en Outeiro de Rei

0
352

outeiro-de-rei-robra-2010-festas-de-pascuaNada máis e nada menos que catro orquestras abren o programa en Robra, no concello de Outeiro de Rei. Nesta localidade lucense celebran as súas festas da Virxe das Dores con tres días de verbena e oito grandes orquestras.

A oficina de Alfa3 desprega a súa mellor artillería para o cartel en Outeiro de Rei: as orquestras galegas máis representativas da axencia, como LEDICIA de Ourense, SUAVECITO ORQUESTA, PLAYER’S ou a POCEIRO, liderada polo mestre Miguel Torres, e dúas orquestras espectáculo que proceden de León: IPANEMA e TROPICANA.

Unha gran carpa, que boa falta ha de facer no caso de cumprirse as previsións, cubrirá o campo da festa para que a chuvia non sexa problema en Robra. O cartel musical tampouco vai ser problema: música en cantidade e calidade.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*