Música e lecer nas festas da Laracha

0
402

a-laracha-festas-patronais-2009-cartelAs festas grandes do concello da Laracha xa deron o seu pistoletazo de saída. Coa actuación dunha orquestra por determinar á hora de cerrar o programa comezaron onte as festas patronais que se prolongarán ata o luns. Hoxe sábado está prevista a actuación da orquestra SABANNA para a sesión vermú e xa pola noite unha gran verbena da mesma orquestra acompañada por NUEVA GENERACIÓN. O domingo está prevista a actuación dunha orquestra para a sesión vermú e xa pola noite a actuación estelar doutra formación musical, neste caso CINEMA. O luns é o último día das festas da Laracha, no que tocarán os grupos CHASTON e ALKAR.

Os fogos artificiais serán o domingo ás 24.00 horas. O programa complétase con outras actividades como teatro, actuacións infantís ou xogos tradicionais.

A localización do campo da festa é a mesma do ano pasado. A praza do Concello dálle paso á explanada do instituto larachés ao carón do xardín onde se instalan as atraccións de feira. Optouse por esta modificación para poder contar con máis espazo, máis comodidade e sobre todo máis seguridade viaria.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*