Orquesta Palladium en 60 fotografías

0
1244

Orquesta Palladium - 2010 - 057 - VilalongaA orquestra Palladium de Vilalonga (Sanxenxo) na actuación das festas da súa vila

Un nome para ter moi en conta á hora de contar cunha orquestra: PALLADIUM. Sinónimo de baile, diversión e calidade. A formación musical de Vilalonga presenta un primeiro pase de música de baile que inclúe cumbia, merengue, pasodobre, música da terra, temas de exhibición vocal e mesmo unha espectacular coreografía homenaxe a Michael Jackson da man de Fernando Hernández, un dos seus vocalistas. O segundo pase está máis encamiñado á xuventude con temas de todos os estilos musicais. Unha orquestra moi completa onde destacan as voces de Richard, Fátima, Fer e Beatriz.

Hoxe ofrecemos unha galería fotográfica tomada no primeiro pase das festas de Vilalonga (Sanxenxo) e en breve tamén publicaremos vídeos dunha orquestra que vai a máis e non deixa o público indiferente alá por onde pasa.

Orquesta Palladium - 2010 - 019 - Vilalonga

Unha das vocalistas de Palladium: Fátima Pego

Orquesta Palladium - 2010 - 040 - Vilalonga

Richard Blanco, vocalista e presentador de Palladium

Orquesta Palladium - 2010 - 026 - Vilalonga

Fernando Hernández, a outra voz masculina da orquestra de Vilalonga

Orquesta Palladium - 2010 - 002 - Vilalonga

Beatriz Loureiro é unha das dúas vocalistas de Palladium

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*