Eu son oubinhista… e ti?

0
276

orquesta-panorama-2010-web-de-carlos-oubina

Portada da web oficial de Carlos Oubiña

Recoñecemento a unha das mellores páxinas de músico de orquestra. A web oficial do teclista da orquestra PANORAMA, Carlos Oubiña, é a gañadora por votación popular e do xurado, de entre as 40 candidatas no concurso da páxina amiga Pasión Orquestas.

E o resultado é rotundo, sobrepasando o 40% dos máis de 1400 votos, a web do músico grovense é a clara vencedora entre moitas páxinas que están ben deseñadas e ofrecen boa información aos seguidores das orquestras.

O webmaster de Festa a Festa, servidor, tamén tivo o gusto de formar parte do xurado composto por outros compañeiros de sitios coa mesma temática, e por expertos de deseño de páxinas web.

Toda a información sobre o resultado deste concurso na web pasionorquestas.es.tl

Sen comentarios

  1. Gracias a vós tamén. Oubiña é un grande artista pero neste caso votábanse as web de artistas e Oubinhistas é das máis completas grazas ao voso traballo. Saúdos :)))

Deixa una resposta a Oubinhista Cancelar resposta


*