Betanzos volve ao medievo coa feira franca máis completa da comarca

0
323

betanzos-feira-franca-medieval-2010-cartel-pequenoA localidade de Betanzos acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira Franca Medieval da Cidade dos Cabaleiros. De novo, a festa medieval convértese no evento destas características máis completo e con maior sona da comarca.

Entre as actividades da feira destaca a celebración da cea medieval, que terá lugar hoxe venres, ás 22:00 horas no antigo Matadoiro Municipal. As entradas atópanse á venda na oficina de turismo e esta actividade foi recuperada na anterior edición.

Os postos que acollerán multitude de actividades que teñen que ver co mundo medieval ocupan a totalidade da zona vella betanceira e dedicaranse especialmente á artesanía e mais á alimentación.

Tamén haberá unha zona de xogos infantís, espectáculos de animación de rúa, música, teatro e malabares.

O programa preparado para este ano, malia a crise, contén máis actividades que na edición de 2009 e estas están dedicadas a todos os públicos. Betanzos volve por uns días á época medieval e lembra a súa etapa de dominio sobre a zona. E é que a Cidade dos Cabaleiros chegou a ser capital de provincia en Galicia.

Estes días a importancia da cidade verase reflectida na súa Feira Franca.

Podes consultar o programa completo web do concello de Betanzos ou visitar a páxina da Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*