San Froilán 2009

0
412

lugo-san-froilan-2009-cartel

Comezan as festas de Lugo por excelencia: SAN FROILÁN. Unha cita inescusable para todos os amantes das festas, feiras e verbenas.

Deporte, feiras gastronómicas, arte, música de todos os estilos, verbenas, mercados, artesanía, maxia, teatro… e todo o que poidamos imaxinar forma parte do cartel das festas patronais lucenses.

Ata o día 12 sucederanse as verbenas na Praza Maior, os concertos na Praza de Santa María e Horta do Seminario. O gran recinto feiral xa funciona desde hai días no parque Rosalía de Castro como cada ano e en todos os recantos da cidade haberá algunha actividade festiva.

O Concello de Lugo habilitou unha páxina web onde se pode consultar todo o programa día a día, ademais ofrece fotografías doutras edicións da famosa festa, un plano da cidade, información sobre transporte público así como un apartado de prensa onde se publica todo o que teña que ver coas festas.

En Festa a Festa ofrecemos o programa completo. Boas festas do San Froilán!!!

Axenda do día  03/10/2009

10:00 I Torneo San Froilán de SQUASH (VI Open Nacional)
Competición días 2 e 3
10:00 XII Torneo San Froilán de GOLF
13:00 Sorteo da Lotería Nacional no Auditorio Municipal Gustavo Freire (entrada libre)
Retransmitido por TVE e RNE
16:00 I Torneo San Froilán de BEISBOL
16:00 X GRAN PREMIO CICLISTA San Froilán
16:30 I Torneo San Froilán de TIRO CON ARCO
17:00 XI Torneo San Froilán de RUGBY
18:00 XXXV Torneo de JUDO San Froilán
21:00 Concertos na praza Horta do Seminario: ARRYTHMIA, LASTWAY, FEW DAYS LATER
www.myspace.com/arrhythmialugo |    www.myspace.com/lastwayspace |    www.myspace.com/fewdayslater

Axenda do día  04/10/2009

10:00 XVI Tirada San Froilán PISTOLA 9 mm
10:30 I Open San Froilán de SCALEXTRIC
12:00 Actuación con globos de Animatium: Globoanimación Interactiva, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
16:00 VI Open San Froilán de PADEL
18:00 Actuación de circo con Shampoo: Malabares Asombrosos, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
19:30 Actuación con pompas de xabón cos Pomper: O Show dos Pomper, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
20:00 Pregón a cargo de Lois Diéguez, escritor, na casa do Concello
20:15 Os Pelúdez entre nós na praza Maior
20:30 Animación de rúa coa charanga O Santiaguiño polo recinto histórico
20:45 Apertura da porta do Cárcere a cargo de D. Joaquín García Díez, membro do Congreso dos Deputados e voceiro do Grupo Municipal Popular
21:15 Sesión de fogos artificiais desde o barrio do Carme a cargo de Pirotecnía Astariz para apreciar na súa totalidade desde o adarve da Muralla, no tramo comprendido entre as portas do Bispo Odoario e Aguirre
21:30 Concerto de LUCÍA PÉREZ na praza de Santa María
www.luciaperez.net
22:30 Concerto de THE WAILERS na praza Horta do Seminario
www.thewailers.com
23:00 Verbena a cargo da orquestra PHILADELPHIA

Axenda do día  05/10/2009

11:00 Apertura da Porta de San Pedro a cargo de D. Ignacio Rodríguez Eguibar, ex concelleiro delegado de Cultura e Educación do Concello de Lugo
11:15 Actuación do grupo de música tradicional Arrincadeira na praza Maior
11:45 Actuación do grupo de música tradicional Cantigas e Frores pola rúa Aguirre e na praza Maior
12:00 Ofrenda da Corporación a San Froilán na Catedral de Lugo
12:00 Actuación de pequeno circo con Piruleta: Mundo Piruleta, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
12:30 Concerto da Banda Municipal de Lugo no templete da praza Maior
13:30 Actuación do grupo de música tradicional María Castaña na praza Maior
13:30 Os Pelúdez entre nós na praza Maior e recinto feiral
17:00 Actuación do grupo de música tradicional Arrincadeira na praza Maior
17:30 Actuación do grupo de música tradicional Cantigas e Frores na praza do Campo
18:00 Actuación do grupo de música tradicional Devandoira na praza Maior
18:00 Actuación de humor e circo con Dinki: O clown do diábolo, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
19:00 Actuación do grupo de música tradicional Volta do Agro na praza Maior
19:30 Concerto de MAMÁ CABRA na praza de Santa María
20:00 Actuación do grupo de música tradicional Cantar das Eiras na praza Maior
cantardaseiras.blogspot.com
20:30 Concerto de PERET na praza Horta do Seminario
www.myspace.com/peretrumba
22:15 Verbena a cargo da orquestra PARIS DE NOIA na praza Maior

Axenda do día  06/10/2009

12:00 Apertura da Porta Falsa a cargo de D. José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Diputación Provincial de Lugo
18:00 Actuación de monicreques coa compañía La Chana: Vulgarcito, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
19:30 Actuación de pallasos con Andy: Los Sueños de la Chistera, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
21:30 Concerto de REVÓLVER (en acústico) na praza de Santa María
www.es-revolver.com

Axenda do día  07/10/2009

12:00 Apertura da Porta Nova a cargo de Dona Raquel Arias Rodríguez, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo
17:00 Festa popular para maiores coa orquestra ACORDES na praza Maior
18:00 Actuación de monicreques coa compañía Teatro Babaluva: Lume, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
19:30 Espectáculo de Ciencia Divertida: Misión Espacial, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
19:30 Degustación de rubia galega na praza de Santa María
21:00 Concerto de EL KIKI na praza Horta do Seminario

Axenda do día  08/10/2009

12:00 Apertura da Porta Bispo Odoario a cargo de D. Ricardo Varela Sánchez, deputado autonómico e membro da Mesa do Parlamento Galego
18:00 Actuación de monicreques con La Rous: La casa del abuelo, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
19:30 Actuación de monicreques con La Rous: La casa del abuelo, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello (segundo pase)
21:00 Concertos de SEVIGNY e NACHO VEGAS na praza de Santa María
www.myspace.com/sevignymusic |    www.limbostarr.com/nachovegas.html

Axenda do día  09/10/2009

12:00 Apertura da Porta do Bispo Aguirre a cargo de D. Alberto Núñez Feijoó, presidente da Xunta de Galicia
18:00 Tarde de Maxia con Christian Magic e O Mago Rafa, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
20:30 Concerto de MICHELE MCCAIN BLUES BAND na praza de Santa María
www.myspace.com/michelemccain
22:15 Animación de rúa coa Charanga.es polo recinto histórico
22:30 Noite de hip hop na praza Horta do Seminario a cargo de: DJ MVP a.k.a. UNKNOWN MAN, S. MEDINA, ANUBIS METAL JACK, SOCKER a.k.a. EL MAL AGÜERO, LA EXCEPCIÓN
DJ MVP a.k.a. UNKNOWN MAN,S. MEDINA , ANUBIS METAL JACK , SOCKER a.k.a. EL MAL AGÜERO, LA EXCEPCIÓN
22:30 Os Peludez entre nós pola Praza Maior
22:30 Verbena a cargo da orquesta SINTONIA DE VIGO na praza Maior
23:15 Animación de rúa coa charanga Madia Leva polo recinto histórico

Axenda do día  10/10/2009

00:00 Verbena a cargo da orquesta MIRAMAR
11:00 CAMPIONATO GALEGO MAQUETAS AEROMODELISMO
12:00 Apertura da Porta de San Fernando a cargo de Dona Branca Rodríguez Pazos, ex tenente de Alcalde delegada de Area de Benestar Social do Concello de Lugo
12:00 Actuación de monicreques con Ángeles de Trapo: Inolvidable Quijote, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
12:30 Pasarrúas da Rondalla Trovadores (Ferrol) pola Rúa Nova
13:00 Recepción oficial no Concello á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol
16:00 I Torneo San Froilán de BEISBOL Veteranos
17:30 Recepción Oficial no Concello aos participantes no VII Festival de Folclóre Tradicional
18:00 Tarde de Música con César, o home orquestra: Cé, orquestra pantasma, e Santiago Aldeguer, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
18:00 VII FESTIVAL DE FOLCLORE TRADICIONAL na praza de Santa María
20:00 Os Peludez entre nós pola Rúa Nova
20:00 Campionato Galego BILLAR A TRES BANDAS
20:30 Pasarrúas da Rondalla Trovadores (Ferrol) pola Rúa Nova
22:00 Concerto de AMARAL na praza Horta do Seminario
www.amaral.es
23:00 Animación de rúa coa charanga Trópico de Grelos polo recinto histórico

Axenda do día  11/10/2009

11:00 Apertura da Porta da Estación a cargo de D. José Blanco López, ministro de Fomento
11:00 FESTIVAL AEROMODELISMO San Froilán
11:30 Pasarrúas de grupos de música tradicional polo recinto histórico
12:00 Recepción no Concello ós participantes na Mostra Tradicional Amigos do Traxe (Santiago de Compostela) e Asociación María Castaña (Lugo). Paseo e exhibición desde o Concello ata o Parque Rosalía de Castro, onde se levará a cabo unha ofrenda floral á insigne escritora por parte de Dª Purificación López Ferreiro, presidenta da Asociación de Personas Sordas de Lugo (ASORLU)
12:00 Exhibición de Danza do alumnado de grao elemental do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo: Contos de Danza, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
12:00 V Memorial de FÚTBOL “Ricardo Gómez“”
12:00 XII Torneo HOCKEI LIÑA Cidade de Lugo
Competición días 10 e 11
13:00 Actuación de danza con Experimenta Danza: Xogando coa arte, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
13:30 Concerto da Banda Municipal de Lugo no templete da praza Maior
17:00 Pasarrúas de grupos de música tradicional polo recinto histórico
17:00 VI Open San Froilán de Tenis
Competición do 4 ó 11
18:00 Actuación de humor, maxia e pompas de xabón con Made in Jabón: La pompa atómica, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
19:30 Actuación de monicreques con Títeres Trompicallo: Violeta Coletas, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
20:30 Concerto de MARÍA DEL MAR BONET na praza de Santa María
www.cancioneros.com/ct/19/0/maria-del-mar-bonet
22:30 Concerto de LOS PLANETAS na praza Horta do Seminario
www.losplanetas.es
22:45 Animación de rúa coa charanga Támega polo recinto histórico
23:00 Verbena a cargo da orquestas COSTA OESTE na praza Maior

Axenda do día  12/10/2009

10:00 I X Concurso de PESCA de Ciprínidos
10:00 I Trofeo de BOWLING Cidade de Lugo-As Termas
11:00 Apertura da Porta Miñá a cargo de D. José Manuel Barreiro Fernández, senador
11:00 XXXII Memorial de ATLETISMO Gregorio Pérez Rivera
11:30 Inauguración da FEIRA MEDIEVAL na Praza Pio XII
12:00 Actuación de teatro con Chévere: Alá no fondo hai sitio abondo, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
12:00 VI Open San Froilán BILLAR POOL BOLA 8
Competición 10-11-12
13:00 Concerto da Banda Municipal de Lugo no templete da praza Maior
18:00 Tarde de humor e circo con Rafaelo: A sary atale in Chicago, e Trotonix: Trotonix anda solto na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo de Concello
19:30 Peche da Porta de Santiago a cargo de D. José López Orozco, alcalde de Lugo
20:00 Animación de rúa coa charanga Os Amigos de Manolo polo recinto histórico
20:30 V Gala do Deporte no Auditorio Municipal Gustavo Freire
20:30 V Gala PREMIOS EL PROGRESO AO DEPORTE LUCENSE
21:00 Sesión de fogos artificiais desde o barrio do Carme a cargo de Pirotecnia Resúa para apreciar na súa totalidade desde o adarve da Muralla, no tramo comprendido entre as portas do Bispo Odoario e Aguirre
21:15 Concerto de FUXAN OS VENTOS e invitados (Guadí Galego, Pepe Ferreirós, Xabier Díaz, Nova Galega de Danza, …): TERRA DE SOÑOS, na praza Horta do Seminario
www.fuxanosventos.net | Retransmitido por RNE
23:00 Verbena a cargo da orquesta PANORAMA na praza Maior

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*