A maldita estrada…

0
399

orquesta-acordes-fotografiaA orquestra Acordes sufriu en Asturias un accidente con seis feridos / Fotografía © Orquesta Acordes

ACCIDENTE DA ORQUESTRA ACORDES

A orquestra ACORDES sufriu o pasado mércores un accidente de circulación. Un vehículo chocou frontolateralmente contra a furgoneta da formación musical. Hai seis compoñentes feridos.

Son as noticias que nunca quereriamos dar pero parecen inevitables cada temporada. A estrada é o maior inimigo das orquestras, está claro, e esta vez tocoulle á orquestra ACORDES de Lugo. En terras asturianas, ían tocar a unha vila próxima a Villaviciosa.

O accidente parece que non pasará a maiores e pronto a orquestra poderá volver a retomar o seu calendario aínda que as anulacións para estes días son forzosas. Esperemos que en breve a formación musical poida volver a deleitarnos coa súa música pero, sobre todo, desexamos para os compoñentes unha pronta recuperación.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*