Sidonie e Susana Seivane pasan polo San Paio da Estrada

0
164

orquesta-hollywood-2010-cartel-pequenoA orquestra cántabra Hollywood cerrará as festas de San Paio na Estrada o próximo domingo

E seguimos a falar da Estrada, pero agora con maiúscula, porque son as festas de San Paio no concello pontevedrés.

O ambicioso programa do pasado ano non deu o resultado esperado e este toca facer recorte. Aínda así o programa do San Paio 2010 é moi completo, con actividades culturais, deportivas e festivas.

No apartado musical, actuación de orquestras e dous concertos, á parte da batalla de bandas locais. SIDONIE e SUSANA SEIVANE son as actuacións previstas para este ano na Estrada dentro das festas patronais.

O programa musical complétase con sete orquestras: PASSARELA e RITMO JOVEN (xoves 24), NOCHE DE GALA e TANGO (venres 25) o mesmo día no que actuará SIDONEI. A Gran Orquesta Santiago de Madrid xunto co grupo AMÉRICA (sábado 26) e actuación da gaiteira galega, e para rematar, o domingo, actuación da orquestra HOLLYWOOD de Santander.

Para consultar o programa completo pódese visitar a web do Concello da Estrada.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*