Panorama e Melocos entregan regalos a nenos enfermos

0
426

orquesta-panorama-2009-entrega-regalos-maternoA orquestra Panorama, no centro, case ao completo, os integrantes do grupo Melocos, e o responsable máximo de Espectáculos Lito, Ángel Martínez, coa presidenta da AECC de Pontevedra e a doutora Sayonara Arnáiz / foto: Eduardo Vicente – La Opinión A Coruña

Por segundo ano consecutivo, e esta vez acompañados do grupo MELOCOS, a orquestra PANORAMA entregou regalos a nenos enfermos de cancro no hospital materno infantil Teresa Herrera da Coruña ademais do cheque coa cantidade de case 22.000 €, unha contribución maior que a do pasado ano.

Case todos os integrantes da orquestra PANORAMA estiveron presentes na entrega de agasallos aos nenos enfermos de cancro do hospital coruñés Teresa Herrera, acompañados de MELOCOS e do máximo responsable de Espectáculos Lito, Ángel Martínez “Lito” así como do cheque coa cantidade conseguida a través da venda do merchandising da orquestra (CD e camisetas solidarias) do que a beneficiaria será a AECC de Pontevedra, representada por María Josefa Crespo en calidade de presidenta, presente xa na anterior entrega así como nas galas de Cambados 2008 e Ordes 2009.

A cantidade conseguida este ano é bastante superior á do ano pasado e púidose chegar a ela grazas a todos os que mercamos/mercastes a camiseta ou o CD. Euro a euro que permiten achegar algo de axuda para acometer proxectos por parte da Asociación Española contra el Cáncer.

O seguinte acto solidario da orquestra será a III Gala contra o cancro, que terá lugar, en principio, o 30 de abril do próximo ano e da que se coñecerán máis detalles a finais de febreiro, xunto coa presentación da nova temporada 2010: A xira do Xacobeo.

O ano que vén, máis aínda…

orquesta-panorama-2009-entrega-regalos-materno-2Jako (batería) e Diana e Irene (voces) entréganlle regalos a unha nena. Á esquerda, os integrantes de Melocos / Foto: Eduardo Vicente – La Opinión A Coruña

Podes ver máis fotografías do acto no seguinte enlace: Fotos entrega regalos

Sen comentarios

  1. Bueno….a verdade estou sin palabras. Oxala todas as orquestas que puideran facelo tamen destinaran un diñeiro a estas obras sociais…….estou orgullosa de Panorama e de todos os que fixemos posibles eses 21.000€. Gracias

Deixa unha resposta


*