A orquestra Suavecito no San Xosé de Milladoiro

0
317

orquesta-suavecito-2009-cartelA orquestra Suavecito ameniza o San Xosé no Milladoiro

No Milladoiro (Ames), a uns pasos de Santiago, celebran o San Xosé cunha orquestra que está a ter moi boas críticas por parte do público: SUAVECITO. A formación musical de Espectáculos Lito presenta nesta parroquia de Ames parte do novo espectáculo que se está a preparar para arrasar no verán alá por onde vaian.

Novidades importantes no repertorio e algún cambio no escenario, moita música variada e espectáculo e bo facer por parte desta banda que por onde pasa deixa moi bo sabor de boca. Hai algúns temas arranxados especialmente para a orquestra, outros que son éxitos recentes nas fórmulas de radio e, como non, temas de sempre interpretados pola orquestra que levan selo indiscutible de SUAVECITO.

Mención especial para dúas cancións arranxadas e adaptadas ao galego, que poderás escoitar tamén no seu disco Mentalízate. En canto ao CD, será necesaria unha segunda edición debido ao éxito acadado o pasado verán por todas as festas de Galicia. SUAVECITO vai pegar forte esta temporada 2010, e para quen non o crea, falamos en decembro…

PROGRAMA COMPLETO

VENRES 19 MARZO
( SAN XOSÉ ) Lugar: r/ Costa Grande

10,00h. Disparo das 21 bombas de palenque anunciando o día do Patrón
10,00h. Misa
12,30h. Misa solemne
14,00h. Sesión vermouth coa magnífica orquestra SUAVECITO
http://www.orquestasuavecito.com/
17,00h. Apertura atraccións infantís
19,30h. Actuación cómico-infantil “OS SETE MAGNIFICOS MAÍS UN”
http://www.culturactiva.org/
21,00h. Verbena coa extraordinaría orquestra SUAVECITO
no descanso sorteo dun magnífico XAMÓN IBÉRICO.

ACTUALIZACIÓN

Festa suspendida por mal tempo. A actuación da orquestra SUAVECITO no Milladoiro terá lugar o próximo venres día 26.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*