Allariz apura os últimos días da Festa do Boi

0
493

Allariz - 2010 - Festa do Boi - cartelCartel da Festa do Boi de Allariz, que entra na recta final das celebracións

Aínda que as festas xa empezaron a fin de semana pasada con diversos actos que se veñen programando ao longo de todos estes días, hoxe ten lugar en Allariz a primeira verbena da Festa do Boi. Serán tres, ata o sábado. Polo escenario alaricano pasarán as formacións LEDICIA ESPECTÁCULO (hoxe), ACORDES (mañá) e SUPER-T (cerrando as verbenas o sábado). Os actos festivos aínda se estenderán ata a xornada do domingo.

Ofrecemos un vídeo que explica as orixes da Festa do Boi; xa debe ter os seus anos a xulgar polo aspecto de quen dá a explicación da festa máis emblemática de Allariz, sen dúbida.

Tamén temos unha pequena mostra da cartelería destes últimos anos da festa alaricana. En Allariz están a vivir estes días as xornadas máis grandes de festa rachada do concello ourensán.

Allariz - 2002 - Festa do Boi - Festas do Boi - cartelAllariz - 2005 - Festa do Boi - cartelAllariz - 1987 - Festa do Boi - cartel

Allariz - 1986 - Festa do Boi - cartelAllariz - 1985 - Festa do Boi - cartelAllariz - 1984 - Festa do Boi - cartel

Allariz - 2007 - Festa do Boi - cartelAllariz - 2009 - Festa do Boi - cartelAllariz - 2008 - Festa do Boi - cartel

[Podes clicar nas imaxes para velas a maior tamaño]

PROGRAMA ÚLTIMOS DÍAS DA FESTA DO BOI DE ALLARIZ

xoves, 3 xuño
08:00 CARREIRA MATINAL DO BOI
16:30 Festa Infantil. Inchables no Pavillón Municipal.
19:00 Tronar de Bombas
19:30 Pasarrúas con AULA GOMES MOURO
20:30 CARREIRA DO BOI
21:30 CEA DE VECIÑOS no Campo da Barreira
00:00 Verbena na Barreira coa orquestra LEDICIA

venres, 4 xuño
07:30 Tronar de Bombas e Treboada de Zés P’reiras
08:30 CARREIRA DO BOI
12:00 Pasarrúas coas Charanga APELES
13:00 Treboada dos Zés P’reiras
13:30 CARREIRA DO BOI
18:00 Pasarrúas con Gaiteiros
19:00 Procesión das Argolas, con charangas e personaxes medievais
20:00 Treboada dos Zés P’reiras
20:30 CARREIRA DO BOI
21:00 Rolda de Viños con charangas e Gaiteiros
00:00 Música nas Prazas
00:30 Gran Verbena na Barreira coa Orquestra ACORDES

sábado, 5 xuño
11:00 Tronar de Bombas e Treboada de Zés P’reiras
12:00 CARREIRA DO BOI INFANTIL
12:00 Pasarrúas con charangas e Zés P’reiras
13:30 CARREIRA DO BOI
18:00 Pasarrúas con gaiteiros e charangas
20:00 Treboada dos Zés P’reiras
20:30 CARREIRA DO BOI
21:00 Rolda de Viños con Charangas e gaiteiros

00:00 Música nas Prazas
00:30 Gran Baile na Barreira coa Orquestra SUPER-T

domingo, 6 xuño
10:30 Pasarrúas con SUGARRI e NBA
11:30 Procesión Relixiosa do Corpus Christi
13:00 Treboada dos Zés P’reiras e pasarrúas
13:45 CARREIRA DO BOI
18:00 Treboada dos Zés P’reirasPasarrúas con SUGARRI e NBA
19:30 MARATÓN DO BOI
20:30 Remate da Festa e pasarrúas con charangas

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*