Aniversario de nivel en Lugo

0
180

lugo-aniversario-cc-as-termas

CC AS TERMAS (LUGO) XOVES 29, 21:00 HORAS ACTUACIÓN DA ORQUESTRA PANORAMA

O Centro Comercial As Termas de Lugo está de aniversario. Catro anos van xa desde que abrira as portas unha das superficies comerciais de máis relevancia en Galicia, co permiso do Dolce Vita coruñés.

Para a ocasión a dirección do centro preparou durante todo o mes unha serie de actividades que rematan o vindeiro xoves 29 coa celebración dunha gran festa amenizada pola orquestra PANORAMA.

A formación musical actuará na noite do xoves, a partir das 21:00 horas. E a partir das dez e media terá lugar un sorteo ante notario de 6.000 euros. O gañador terá que estar presente entre o público no momento do dito sorteo.

lugo-cc-as-termas-imaxe

Ademais da tarxeta regalo de 6.000 euros tamén premiarán aos clientes do centro comercial con 19 tarxetas por importe de 300 euros cada unha.

A actuación da orquestra PANORAMA nesta festa aniversario sería a primeira destas características que ten lugar nun centro comercial galego, nos que sempre hai algunha actuación musical nos aniversarios e datas sinaladas como Nadal, pero nunca música de verbena. Unha vez tiña que ser a  estrea e As Termas aposta forte cunha orquestra de primeira liña.

orquesta-panorama-2009-cartel6

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*