Boas orquestras para unha boa festa

0
430

naron-o-ponto-2010-cartel1

Na parroquia do Ponto, en Narón, xa teñen todo preparado para levar a cabo, unha vez máis, as famosas Festas da Primavera, aínda que a xulgar polo tempo máis parecen as festas do verán.

O melloriño da axencia de espectáculos Alfa3 pasará por terras naronesas para garantir unha boa festa. Destacamos a orquestra LEDICIA ESPECTÁCULO, que traerá de novo o seu repertorio máis bailable e as súas coreografías, e que estará acompañada por SUAVECITO, a orquestra de Mariano, co seu repertorio tamén bailable e no que salientan os temas de exhibición vocal.

O segundo día das festas é o momento para a nova orquestra GRAN CANARIA, que comeza no Ponto o seu tour polas verbenas galegas. Despois da presentación oficial dous días seguidos nunha sala de festas, agora comeza a xira da nova aposta de Alfa3 que xa presentamos en Festa a Festa. GRAN CANARIA combinará actuacións en salas cerradas, como a do día 7 na sala El Vergel de Pontecarreira, con festas ao aire libre como a do día 8 na parroquia naronesa.

LOS PLAYER’S serán os encargados de acompañar a GRAN CANARIA, outra das grandes da oficina con Gerson Galván a cabeza.

O grupo AGUAZUL e unha gran sesión pirotécnica poñerán punto final ás celebracións primaverais do Ponto. Festa garantizada en terras naronesas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*