Festas con moitas flores

0
413

arteixo-2010-festa-das-flores-cartel

Esta fin de semana celébranse as Festas das Flores en Arteixo, Cis ou Curtis entre outros lugares.

Ao final haberá festas en Arteixo, tanto as das Flores como as patronais no mes de xullo. As primeiras teñen lugar esta fin de semana. Hai algunhas novidades como por exemplo a programación de música de diferentes artistas e grupos locais durante os tres días das celebracións. Outra das novidades é o cambio de lugar, as festas volven ao entorno da praza do Concello e deixan a avenida de Arsenio Iglesias e a explanada do campo de fútbol. Non sabemos se este cambio afectará tamén ás festas de xullo. Esperemos que non porque de ser así habería un recorte importante no número de atraccións de feira debido á falta de sitio para estas no entorno do balneario e praza do Concello.

Ofrecemos o programa de Arteixo para hoxe venres, mañá sábado e o domingo.

arteixo-2010-festa-das-flores-programa

E outro lugar onde haberá celebración das flores é en Cis (Oza dos Ríos). Estas son as festas pequenas, pois as grandes terán lugar en agosto, na segunda quincena, onde actuarán as orquestras ARMONÍA SHOW e ESTRELLAMAR, á parte de levarse a cabo unha nova edición da Festa do Mexillón.

Pero iso será en agosto. Agora toca o churrasco. Á música dun dúo musical hai que sumar a churrascada que terá lugar no campo da festa o próximo domingo. Os prezos son populares, a ración de churrasco de porco irá a 8 € e a de tenreira a 10 €.

oza-dos-rios-cis-2010-festa-das-flores-cartel

Tamén hai Festa das Flores en Curtis. En todos estes lugares a das flores é o anticipo das festas grandes que terán lugar no verán, en Arteixo as do Apóstolo sobre o 25 de xullo, as de Cis na segunda quincena de agosto e as de Curtis, na última semana de agosto.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*