Varias comisións de festas xuntan esforzos nunha federación

0
391

Festeir@s - 2010- 00065 - Parada (Ordes)Asistentes a unha festa celebrada en Ordes hai dez días / © fotografía roxegar 2010

Cada vez é máis custoso organizar festas, e xa non digamos unhas festas de gran calidade coas orquestras máis demandadas do momento. Conscientes de que hai que intentar aforrar custos e mellorar métodos de traballo, a comisión de festas de Golmar (A Laracha) convocou a unha reunión o pasado venres a todas aquelas comisións que estivesen interesadas en novas propostas e en compartir novas ideas para mellorar a organización das festas.

E así, o venres día 4, froito desta xuntanza, naceu a Federación de Comisións de festas (FECOMFE), que en principio vai a englobar as comisións da Laracha, Coristanco, Carballo, Arteixo, Cerceda e Culleredo, pero que en pouco tempo conta con que se vaian sumando outras doutros concellos. Esta Federación vai supoñer grandes ventaxas e grandes aforros para todas as comisións asociadas. As comisións de festas interesadas poden chamar a estes teléfonos: 981605957 ou 657257010.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*