Contundencia na verbena galega

0
434

Despois de informar sobre tantas citas festeiras (e moitas máis que haberían de quedar no tinteiro), agora toca ofrecer música en directo das formacións que amenizan as nosas festas. Neste caso publicamos tres vídeos, o primeiro dun extraordinario grupo asturiano, ASSIA, ofrecendo unha peza composta por dous temas moi coñecidos dos grupos MEDINA AZAHARA e TRIANA. A versión de ASSIA é realmente impresionante.

No segundo caso estamos ante unha das orquestras máis mediáticas do momento: PANORAMA. Outro tema contundente (Hysteria) interpretado neste caso por un dos músicos: Lote González.

Para rematar a selección de hoxe, outra das grandes. A orquestra MARBELLA estrea este ano unha nova mesa de son, e vaia se se nota o cambio. Sen facer moito caso do son do vídeo (batía contra unha parece próxima e estaba a cámara baixo carpa), o son que ofrece a orquestra MARBELLA é simplemente impecable. Irene Iglesias ofrécenos un tema de U2 para cerrar a festa na que foi gravado, e cerrar tamén esta entrada onde intentamos ofrecer unha variedade de temas importantes e que saen un pouco do repertorio verbeneiro tradicional.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*