Balaídos vístese de festa

0
190

orquesta-ledicia-2009-cartelA orquestra Ledicia Espectáculo de Ourense será unha das formacións musicais que amenizará as festas de Balaídos ata o luns 26

Durante cinco días o barrio vigués de Balaídos vístese de festa. Ao gran recinto de atraccións de feira súmaselle un cartel de oito orquestras que amenizarán as noites ata o vindeiro luns.

Podemos confirmar a actuación de cinco orquestras aínda que se nos enviou unha listaxe con tres formacións máis. Confirmadas as orquestras SAUDADE 73, LEDICIA ESPECTÁCULO, TROPICANA LEÓN, POCEIRO e LOS PLAYER’S. Segundo información enviada por un usuario de Festa a Festa, tamén estarían as orquestras ISLA, LAMAS e SÚPER COMBO, aínda que non temos o día de actuación destas tres últimas.

Coas de Balaídos comezan as festas nos barrios vigueses, máis adiante chegarán as de Coia e as de Bouzas, ademais das celebracións en zonas máis rurais da área metropolitana, como Valadares no mes de maio. Vigo comeza a vestirse de festa.

ACTUACIÓNS CONFIRMADAS NAS FESTAS DE BALAÍDOS

DÍA 22.- SAUDADE 73

DÍA 23.- LEDICIA ESPECTÁCULO

DÍA 24.- TROPICANA LEÓN

DÍA 25.- POCEIRO BIG BAND

DÍA 26.- LOS PLAYER’S

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*