Buscando vocalistas

0
409

Mimo 2010 - grupo - cartelO grupo noiés Mimo busca voces femininas para a nova temporada. A imaxe é o cartel da formación musical en 2010

Anuncio interesante para aquelas mulleres que queiran probar sorte nunha formación musical verbeneira. O grupo MIMO de Noia realizará un casting para incorporar á banda voces femininas. É preferible que sexa unha persoa residente en Santiago de Compostela ou na comarca do Barbanza e non é necesario que teña experiencia noutras formacións musicais. Se che interesa a proposta podes tomar os datos de contacto no anuncio inserido na parte inferior desta entrada.

O grupo MIMO incorpórase esta temporada ao catálogo musical de Espectáculos Lito e traballa no verán. Este ano presentarán novas propostas musicais como veñen facendo en cada edición. De momento andan buscando cantantes femininas…

grupo-mimo-2011-casting-cantantes2

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*