A Charleston Big Band anuncia macroconcerto aniversario

0
382

charleston-big-band-cartel-2009

A orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND anuncia a celebración dun concerto con artistas invitados nacionais e internacionais. Desta forma a afamada orquestra da terra de Rosalía é a cuarta banda en apuntarse aos “macroconcertos”, unha modalidade que estreou o ano pasado a orquestra PANORAMA en maio e despois en outubro repetiu a OLYMPUS.

Este ano xa tivo lugar unha gala destas características coa orquestra PANORAMA e diversos artistas como Bisbal ou Carlos Baute entre outros moitos. O vindeiro venres será a PARÍS DE NOIA a que subirá ao seu escenario a artistas da talla de Melendi, Dani Mata, Jorge González ou Rosa López entre outros.

O macroconcerto de CHARLESTON BIG BAND aínda non ten data pero a orquestra manteranos informados a través da súa páxina web. Por diversos foros de orquestras saltan posibles nomes de músicos de primeira liña, pero polo momento son simples rumores e a orquestra non facilitou ningún cartel de participantes. Neste blog de orquestras e festas limitarémonos exclusivamente a dar a información que nos facilite a formación musical.

O macroconcerto da CHARLESTON BIG BAND organízase para celebrar o 25 Aniversario da orquestra padronesa e promete ser unha cita inesquecible e, desde logo, das máis importantes do ano no mundo da verbena.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*