A Troita de Ponte Caldelas: festa e ecoloxía

0
456

festa-da-troita-2009-pontecaldelas

Podes clicar no cartel para velo a tamaño máis grande

XLIII FESTA DA TROITA. PONTE CALDELAS, 30 E 31 DE MAIO

Xa van alá máis de 40 anos desde a primeira Festa da Troita de Ponte Caldelas, pero a celebración mantense en primeira liña. E esta edición trae importantes novidades que teñen que ver coa ecoloxía.

A próxima fin de semana en Ponte Caldelas haberá festa rachada pero con cambios respecto doutros anos. O alcalde anunciou que nesta edición se utilizará na exaltación da troita unha “vaixela compostable”, fabricada con pulpa de celulosa natural da cana de azucre. Os panos e manteis serán de papel reciclado e todos os utensilios irán en bolsas de tea reutilizables.

No campo da festa haberá puntos limpos móbiles e todos os residuos xerados serán convertidos en compost que poderá ser utilizado en parques e xardíns como fertilizante. A iluminación para as festas será de baixo consumo.

Todo un alegato ecolóxico para coidar o medio natural na celebración dunha das festas gastronómicas máis antigas da provincia e declarada de Interese Turístico Galego.

O programa musical da Festa da Troita de Pontecaldelas estará a cargo das formacións GÉMINIS e ALCOTÁN.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*