En Moimenta estarán toda a semana de festas

0
516

Orquesta Charleston Big Band 2009 003A orquestra Charleston Big Band abre as festas de Moimenta, Boiro, esta noite / © Foto: roxegar 2009

Se anunciabamos onte as festas de Leiro como o cerre de celebracións no concello de Rianxo, no veciño de Boiro temos que falar de Moimenta-Macenda como lugar onde terán lugar as últimas festas populares destoutro concello do Barbanza. Pero aquí o calendario é máis extenso en días de celebración, nada máis e nada menos que dende hoxe domingo e ata o xoves con cadansúa orquestra, e das boas, para amenizar as noites, e de propina o venres churrascada.

Cinco serán as orquestras que pasen por Moimenta estes días: CHARLESTON BIG BAND (abrindo hoxe as festas), COSTA OESTE (luns), ABANICO (martes), PHILADELPHIA (mércores) e OLYMPUS (xoves). Todas as orquestras estarán acompañadas, ademais, por dúos musicais: MAREA, BLANCA DOBLE e MÁSTER.

Con este cartel vai ser moi difícil resistirse a facer unha visita por terras boirenses, temos de prazo ata o xoves se queremos botar uns bailes ou o venres para ir de churrascada. En Boiro tamén se cerra esta semana o calendario festivo ata o ano que vén.

Orquesta Olympus - 2010 - 0078 - RibeiraA Olympus será a encargada de cerrar as verbenas, que non a festa, o próximo xoves / © Foto: roxegar 2010

boiro-moimenta-2010-cartelCartel das festas cortesía de Dani Gestoso

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*