Música de calidade en Xunqueiras

0
406

pazos-de-borben-xunqueiras-2010-cartelBoas orquestras para as festas patronais de Xunqueiras, en Pazos de Borbén

A música latina de EL COMBO DOMINICANO e o repertorio bailable de PALLADIUM serán o prato forte para abrir hoxe as festas de Xunqueiras, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén. A formación musical PARAÍSO e a agrupación SALSA ROSA, orquestra onde predominan as mulleres, serán as encargadas de poñer a música para a segunda xornada festiva. Sen dúbida un bo cartel para os tempos que corren e tendo en conta o pequena que é a localidade. Dobre mérito, pois, para os veciños de Xunqueiras que dentro dunhas horas comezan as súas merecidas festas anuais.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*