O albariño é o rei en Cambados

0
524

cambados-albarino-2009-cartel1

Cartel da Festa do Viño Albariño 2009 cunha compilación de fotos de Ramón Cabanillas

FESTA DO ALBARIÑO. CAMBADOS, DO 29 DE XULLO AO 2 DE AGOSTO 2009

A terra do albariño está de festa. Cambados celebra a súa cita festeira máis importante. Desde hoxe ata o domingo a vila cambadesa ofrece un longo e completo programa de actos lúdicos e festivos onde prima a degustación e a música, con verbenas e concertos variados.

No apartado musical salienta a primeira actuación deste ano, hoxe mércores na praza de Fefiñáns: MCQUEEN (tributo a QUEEN).

Mañá xoves haberá un multiconcerto con LA DÉCADA PRODIGIOSA, COTI, GIBSON BROTHERS e MARÍA CHENLO. A verbena estará amenizada polo grupo D’PERLAS e a orquestra D’TACÓN.

O venres é o día do concerto de M-CLAN e a verbena estará amenizada polas orquestras VERANO AZUL e GRAN ESTELARES.

NENA DACONTE é a atracción principal do sábado. A verbena estará amenizada por ESTRELLAS LUZ e o grupo TORNADO.

O espectáculo musical de RUSO NEGRO será o broche das festas do Albariño que rematan o domingo cunha gran sesión de fogos artificiais.

cambados-albarino-2009-nena-daconte

Podes consultar o programa completo da LVIIFesta do Albariño

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*