A Festa da Xuventude de Abegondo 2009, que terá lugar dentro dunhas horas no aparcadoiro da Cidade Deportiva, contará coa participación de dúas das orquestras máis demandadas actualmente en Galicia e fóra das nosas fronteiras: PANORAMA e OLYMPUS.
A primeira das formacións segue co seu espectáculo El gran musical ata o 31 de decembro, data na que dará por finalizada a súa xira. Por outro lado a OLYMPUS, co seu espectáculo El poder de la magia, chega á súa penúltima actuación da temporada. O sábado será a súa última verbena en Ordes (Sala LP45).
É a derradeira oportunidade de ver xuntas nesta temporada as bandas de Lito e Peke, máxime cando nas dúas haberá cambios importantes de músicos e cantantes de cara ao próximo ano.
Pa cando esa entrevista ” a La mas GRANDE”? ai que apurar antes de que a mellor nos deixe jajajajaja esta pag seria perfecta con esa muller en portada, sabes de quen falo. Grande Panorama!!!!
OLa Judit. Sei de quen falas, jejeje. Teño que mirar de coincidir nunha das festas que quedan para falar con ela e pedirllo. Aínda que teña que ir a Ferrol o día 11 de decembro que están coa París… non te preocupes que intentarei que se faga. Saúdos!!!!!!!!!!!!!!
PANORAMA E GRANDE E GRANDE OE¡¡¡¡¡¡¡¡¡