Renovación musical en Bealo

0
571

SPBEALO-01

En Boiro, concretamente na parroquia de Bealo, tamén hai celebración do San Xosé. Celebración e renovación: os grupos musicais que amenizarán a festa preséntanse totalmente renovados respecto do ano pasado ou hai dous no caso de MASTER.

MASTER e LIMÓN non teñen apenas nada que ver cos grupos que vimos estas últimas temporadas. O nome e pouco máis no que se refire á parte que máis se ve, pero a mesma esencia en canto aos proxectos que se gardan detrás destas formacións. Manoele deixa a dianteira do grupo LIMÓN para dedicarse a outras aventuras aínda que seguirá detrás noutro tipo de traballos. En MÁSTER pasa o mesmo, o cambio dos integrantes é total. Novas caras en ambos os dous grupos aínda que a mesma ilusión e ganas de achegar algo diferente á música de verbena. Si, algo diferente, porque precisamente estes dous grupos se por algo se caracterizan é por seren diferentes do resto de formacións musicais das súas características.

No San Xosé de Bealo poderemos ver os dous “novos” grupos o próximo venres. É a primeira de moitas citas festeiras que haberá esta fin de semana no Barbanza. Seguimos informando…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*