A festa chega ás vilas mariñeiras

0
467

Un dos días máis importantes na axenda festeira das orquestras. Xunto co 14-15 de agosto, o día do Carme e a súa véspera convértense en datas sinaladas debido á gran cantidade de festas, sobre todo nas vilas mariñeiras, que se organizan por toda Galicia. Algunhas localidades como Marín, O Grove, Aguiño (Ribeira), Cabo da Cruz (Boiro), Mera (Oleiros), Noia, Muros, Xuño (Porto do Son), Bueu, Sada, Moaña, Foz, Cariño, Os Castros (A Coruña), Corcubión, Camariñas e un longo etcétera, e tamén outros lugares de interior como As Pontes ou Zas celebran a súa patroa.

Ofrecemos aquí algúns programas de festas para estes días. Galicia estala en festas nunha das principais datas do verán.

AGUIÑO (RIBEIRA)

A localidade ribeirense celebra as súas festas principais coincidindo co inicio da Dorna na capital do Barbanza. Despois dalgunhas festas xa celebradas este ano na vila mariñeira, aínda faltará outra cita en breve, a festa do percebe.

ribeira-aguino-2010-cartel

VENRES 16.- PHILADELPHIA e EMBAJADORES

SÁBADO 17.- SINTONÍA DE VIGO e TEKILA

DOMINGO 18.- OLYMPUS

CABO DA CRUZ (BOIRO)

A pequena localidade boirense celebra un ano mais as súas festas patronais. En Cabo da Cruz son quen de levar grandes orquestras nunha das datas máis solicitadas do verán. Toda a información sobre as festas en cabodecruz.org

XOVES 15.- COSTA OESTE e PHILADELPHIA

VENRES 16.- CINEMA e NUEVA GENERACIÓN

CAMARIÑAS

O concello coruñés celebra coa patroa as súas festas máis potentes, unhas das máis importantes na Costa da Morte.

camarinas-2010-festas-do-carme-cartel

MERA (OLEIROS)

A localidade oleirense celebra as súas festas do Carme, aínda que a patroa en Mera é Santa Ana, que trerá de novo música de verbena para a próxima fin de semana do 24 e 25 de xullo. De momento podemos gozar dun bo cartel musical en Mera.

oleiros-2010-mera-carme-2010-cartel

O GROVE

Outra das festas grandes; O Grove, unha selección das mellores orquestras, moitas outras actividades festivas e un bo recinto de atraccións en pleno centro da vila. As consideradas mellores orquestras vense un ano máis en terras grovenses. Hoxe é o gran día para o duelo PANORAMA – PARÍS DE NOIA, pero a festa continuará con outras grandes orquestras toda a fin de semana.

o-grove-2010-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*