Son as patronais de Noia, as festas de San Marcos. Aínda que tradicionalmente as festas “grandes” son as do verán, con cinco días de festa, e o San Marcos normalmente se celebraba estas últimas edicións durante tres ou catro días como máximo, este 2017 trae unha programación de cinco días de festas, onde haberá pasarrúas, verbenas e concertos, concursos, exhibición de zumba, festival benéfico, inchables para os máis pequenos, boxeo, foliadas, exhibición de doma, desfile de grupos de música tradicional, fogos artificiais e algunha sorpresa máis.

O domingo actuará na casa a orquestra PARÍS DE NOIA e ata o martes poderase gozar dun completo recinto de atraccións e casetas de feira. As polbeiras tamén están dispostas no aparcadoiro municipal ao lado do supermercado Mercadona.

Toda a programación das festas patronais de Noia, aquí:

Noia 2017 - San Marcos - programación 1

Noia 2017 - San Marcos - programación 2

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*