Versalles e Philadelphia abren as festas en Oza

0
352

orquesta-versalles-2009-cartelA orquestra coruñesa Versalles será a encargada de abrir hoxe a Romaría de Santa Eufemia en Oza (Teo) acompañada pola orquestra Philadelphia

Non é que nos confundamos ao escribir sobre a Romaría de Santa Eufemia. Da que demos conta hai uns días é a de Leira (Ordes); hoxe toca a de Oza (Teo). Serán tres días de festa seguidos (venres, sábado e domingo) e na vindeira semana outro día de festa no que está por determinar a orquestra que tocará.

Nesta primeira volta poderemos escoitar hoxe venres a dúas orquestras como son VERSALLES e PHILADELPHIA.

Mañá sábado é a vez da formación PARAÍSO e o grupo LOS LADOS.

O domingo cerra as festas a orquestra coruñesa CIBELES.

A Romaría de Santa Eufemia é unha celebración moi arraigada na zona, polo menos desde o aspecto relixioso, polo que será fácil encher o campo da festa nas tres xornadas. Hoxe é a máis forte desde o punto de vista musical.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*