Ir de festa e gañar 400 euros

0
399

a-merca-zarracos-2010-cartelMúsica de verbena, de charanga, queimada popular e mesmo a posibilidade gañar 400 euros. Este é o programa festivo de Zarracós, no concello ourensán da Merca. A verbena estará a cargo do grupo ATENAS, que presenta unha renovación case total do grupo e novas propostas de baile, e a orquestra ourensá FIN DE SIGLO, cun repertorio moi bailable.

E se por enriba de ir de festa gañamos cartos, moito mellor. O domingo algún festeiro de Zarracós sairá do campo da festa con 400 euros. Un bo reclamo para acudir a divertirse ás festas esta fin de semana.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*