Seis propostas musicais para as festas de Arra

0
590

La Oca 2010 - grupo - cartelO grupo La Oca abre esta noite as festas en Arra (Portonovo) acompañado polo trío Sabor. Outras catro grandes orquestras amenizarán mañá e o domingo os populares festexos

En Portonovo, tres días de festa en Arra con propostas musicais de primeiro nivel. Hoxe comezan as populares festas de Arra, no concello de Sanxenxo. Os primeiros en actuar serán os amigos de LA OCA, que actúan na casa, como quen di. Estarán acompañados polo trío SABOR. O grupo musical é un asiduo das festas de Arra e este ano, como en cada edición, non ía ser menos. Puma e compañía, os mesmos que en 2010, traerán o seu repertorio bailable 100% e para todos os públicos.

Na segunda xornada festiva, dúas orquestras de excepción: COSTA OESTE e PHILADELPHIA. Tamén con cambios mínimos (destaca a incorporación de Marta Valiño á dianteira de COSTA OESTE), as formacións musicais traerán moita música e espectáculo.

Para rematar as festas o domingo, dúas orquestras todo terreo: GRAN PARADA e JERUSALÉN. Só hai un cambio nos músicos da segunda, polo demais permanecen como en 2010. GRAN PARADA traerá o seu repertorio verbeneiro con guiños para a xuventude no segundo pase. JERUSALÉN é tamén unha asidua de Arra e repite novamente. O ano pasado estivo nas festas con LA OCA nun día no que se tuivera que suspender a actuación por temporal. Parece que este ano hai posibilidades de mellor tempo durante os tres días de festa rachada. A aproveitar!

Publicamos un vídeo de LA OCA da pasada temporada para ir abrindo ganas. En breve máis.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*