A IX Romaría do Lecer de Xacarandaina en fotos

0
634

20090621 Romaría do Lecer IX - 2009 - A Coruña - Xacarandaina - 40.JPG

Outro ano máis a asociación coruñesa Xacarandaina levou a cabo a súa festa anual, no Paseo das Pontes da Coruña. A celebración que tivo lugar onte, consistiu nun festival no que as distintas agrupacións da asociación ofrecían números de baile e música.

A IX Romaría do Lecer comezou xa o sábado ás 21:00 horas cunha foliada onde diversos grupos folclóricos amenizaron o serán coa súa música.

A romaría completouse con stands de venda de artesanía e produtos diversos e un posto de polbo e churrasco como non pode faltar en ningunha festa galega destas características. Tamén para os pequenos había dúas atraccións de feira instaladas no parque, ademais de obradoiros artesanais.

Podes ver aquí as fotografías tomadas onte na IX Romaría do Lecer de Xacarandaina. Clica nas fotos para velas ampliadas en Flickr e aquí se desexas ver unha presentación.

[flickrset id=”72157620166291576″ thumbnail=”square”]

Sen comentarios

    • Moitas grazas por entrares e deixar o teu comentario, Merce.
      Pois aínda temos unha segunda volta de fotografías, por se estas non abondan. Contamos con poñelas durante esta semana, a ver se temos un oco entre tanto San Xoán e ocupacións que non teñen que ver co blog pero que necesariamente han de ir por diante, 🙂

      O de “tanta boa promoción” ten dúas lecturas, non si?

      Saúdos

Deixa unha resposta


*