Nova imaxe da orquestra Aché 2010

0
398

A orquestra ACHÉ preséntanos a súa nova imaxe para o ano 2010. No cartel da orquestra destácanse as novas fichaxes procedentes de OLYMPUS, Mero e Lucky, entre caras xa coñecidas na orquestra como os cantantes Mon e Karmen. Á vista do póster, hai máis cambios na orquestra porque falta algún músico da temporada 2009 e hai algunha outra cara nova.

En breve teremos toda a nova información da orquestra ACHÉ para a vindeira temporada. Polo momento o cambio de axencia, pasan a formar parte do catálogo de Espectáculos Lito, e o novo cartel é todo o que sabemos. Axiña poderemos ver a páxina web renovada (actualmente aínda se pode ver a de 2009), pero para ir abrindo boca témonos que conformar coa nova imaxe presentada para 2010, o que non é pouco, pois ata agora só unhas poucas orquestras presentaron o cartel para a temporada que xa comeza.

orquesta-ache-2010-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*