Gastronomía e baile nas parroquias de Arteixo

0
213

arteixo-larin-2010-pulpada-cartel

Dúas parroquias arteixás organizan esta fin de semana citas gastronómicas con aires de festa, anticipando o que serán as festas do verán nos dous lugares. Estamos a falar de Larín e Vilarrodís.

Na primeira das parroquias ten lugar hoxe unha pulpada, que vai polo camiño de se converter en anual. Se o ano pasado tiña a unha orquestra, este ano serán dúas as agrupacións musicais: MARBELLA e CHASTON amenizarán a noite dentro dunhas horas en Larín, despois de rematada a gran pulpada que hai preparada no campo da festa.

E mañá tócalle a Vilarrodís; a poucos quilómetros da festa de hoxe, na noite seguinte haberá de novo troula no concello de Arteixo. Tamén no campo da festa do lugar, unha nova cita festeira, e xa van dúas este ano. Nesta ocasión será a orquestra VERSALLES da Coruña e un grupo musical (DILEMA) os que poñan a música nesta nova cita gastronómica, que esta vez será a base de churrasco a partir das 20.00 H.

Vilarrodís vaise preparando así para as súas festas patronais, que terán lugar no mes de xullo, e nas que, de confirmarse o cartel previsto, levará a esta importante parroquia orquestras de primeira liña.

orquesta-versalles-2009-cartelA orquestra Versalles, mañá en Vilarrodís acompañada do grupo Dilema

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*