Mero e Lucky de Olympus en Aché 2010

0
521

Vídeo promocional da orquestra Aché 2010. A partir de decembro nova temporada

Aínda que xa estaba anunciado por parte de OLYMPUS e da orquestra ACHÉ, o músico Mero e mais un dos cantantes de OLYMPUS, Lucky, xa aparecen na promoción da orquestra ACHÉ 2010.

Con estas incorporacións ACHÉ estará composta por 13 músicos e cantantes. Entre os músicos destacan Mero e Renny que ofrecerán probablemente algún número vocal á parte da súa interpretación musical. Na dianteira estarán de novo Mon, Karmen e Frank, aos que se suma Lucky, unha das voces máis importantes ata hoxe da orquestra OLYMPUS de Negreira.

As fichaxes de Mero e Luchy deixan a OLYMPUS sen dúas bazas importantes pero estaremos atentos para saber nas próximas semanas, de maneira oficial, quen serán os seus substitutos e o resto de baixas e fichaxes na orquestra entre as que tamén está o trompeta Felipe, que marcha para a orquestra PANORAMA.

O día 24 de outubro na discoteca Dona Dana de Touro (A Coruña) haberá un gran concerto de fin de temporada da orquestra OLYMPUS onde se lles fará unha despedida a todos os compoñentes que abandonan a formación musical.

E a partir de decembro, orquestra ACHÉ 2010. Dará moito que falar… e que bailar.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*