Moito palco e pouca estrada

0
381

orquesta-panorama-2009-escenario-en-ordesAo fondo o escenario da orquestra Panorama, actualmente un dos máis grandes en Galicia

Os escenarios das orquestras son cada vez máis grandes, unha apreciación doada de advertir nada máis pisar un campo de festas. Onde está o límite non o sabemos, porque cada vez son máis as orquestras que cambian o seu camión escenario por un novo palco móbil guiado por unha cabeza tractora a modo de tráiler. Pero estes bichos andantes teñen moitas veces serios problemas para poder instalarse en campos e prazas pequenos, cando non ao circular por estradas secundarias e estreitas para poderen chegar ao seu destino, aldeas e vilas apartadas que tamén contan con estas grandes formacións musicais para as súas festas.

Hai un par de días pasoulle isto ao escenario móbil da orquestra CAPITOL, un dos máis grandes palcos xunto ao de PANORAMA. Nunha curva cerrada quedou medio enterrado o tráiler e a piques estiveron os veciños do Cadramón (O Valadouro) de quedaren sen festas de non ser por que había unha segunda orquestra contratada. Isto aconteceu na noite do sábado e o domingo, CAPITOL puido cumprir o seu compromiso grazas a un guindastre de grandes dimensións que se desprazou desde Vilalba para rescatar a plataforma móbil da orquestra.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*