A noite de Carbia

0
340

orquesta-panorama-2009-cartelAs orquestras Panorama e París de Noia amenizan as festas de Carbia (Vila de Cruces)

A localidade de Carbia, no concello de Vila de Cruces, celebra a súa noite máis esperada, e para ir quentando motores hoxe xa hai festa. Chourizos, panceta e pementos para degustar e música por parte do dúo MASTER.

Pero o día forte é mañá sábado, celébrase a XIV Festa da Xuventude de Carbia. Despois da misa e da sesión vermú, a cita está para as 23 horas: as orquestras PARÍS DE NOIA e PANORAMA vólvense ver as caras nesta parroquia pontevedresa. E no apartado gastronómico poderemos escoller entre polbo e churrasco para que a festa sexa redonda.

Tamén se acondicionaron amplos aparcadoiros e haberá no campo da festa unha gran carpa para non xogala polo tempo. É a noite de Carbia.

paris-de-noia-2009-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*