Festa na fin da terra

0
387

Fisterra - 2010 - Festas do Santo Cristo - abril - cartel

O Santo Cristo de Fisterra constitúe unha cita para a devoción e a tradición na Costa da Morte, e tamén para a festa.

Durante tres días terá lugar a festa máis importante no concello fisterrán, ou polo menos das máis importantes. Seis formacións musicais amenizarán os tres días de verbena. Unha combinación curiosa: tres das grandes orquestras espectáculo do momento en Galicia e tres grupos ou orquestras máis encamiñados á música de baile.

PANORAMA e LA OCA o primeiro día. A Xira do Xacobeo chega a Fisterra, a orquestra caldense despregará todo o seu poderío na Costa da Morte para presentar o seu novo espectáculo, compoñentes e repertorio. A banda de Dani Dopazo, pola súa banda, ofrecerá coma sempre un bo repertorio musical variado e moi bailable.

OLYMPUS e ALARMA o segundo día. A orquestra coruñesa acompañará á banda de Negreira, que chega coa súa xira Al final del Camino. Música e espectáculo a esgalla.

PARÍS DE NOIA e CASABLANCA para cerrar as festas. Música bailable e repertorio máis verbeneiro fronte aos ritmos máis latinos e o espectáculo da PARÍS. A combinación de orquestras en Fisterra fai que poidamos gozar dun amplo abano musical durante os tres días de celebración. Na fin da terra, coa brisa do océano e a luz do faro, no peirao fisterrán tres días de verbena da boa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*