A raíña das romarías: Barca de Muxía 2010

0
524

muxia-barca-2010-cartelComeza hoxe a maratón festeira en Muxía. A localidade mariñeira da Costa da Morte ofrece a súa cita máis festiva durante catro días. A Barca é unha das celebracións máis importantes da comarca, e incluso poderiamos dicir a romaría máis famosa de Galicia. Desde hoxe e ata o luns a festa e o exceso reinarán en Muxía.

Tres grupos para esta noite, outros tres para mañá sábado, dúas grandes orquestras para o domingo e outras tantas para cerrar o luns. O cartel de Muxía trae moitas horas de música de todos os estilos.

Para abrir boca, hoxe repertorios moi bailables da man dos grupos OCÉANO, SAMBA e SABANNA. Mañá, noite grande e longa, ou, segundo se mire, curta para algúns. Gran sesión pirotécnica e verbena ata o día. En Muxía, na madrugada do sábado para o domingo, os festeiros da noite mestúranse cos romeiros das primeiras misas da mañá. Da música encargaranse TROLE (repertorio moi bailable), MASTER (baile e espectáculo) e CICLÓN (primeiro pase de baile e segundo pase moi “cañeiro”).

Para a xornada do domingo, entre misas, romeiros, espectacular traca de foguetes no porto e o rebumbio das atraccións, música da man de dúas orquestras espectaculares: EL COMBO DOMINICANO (que xa ofrecerá o seu repertorio latino na sesión vermú) e ACHÉ (música moi bailable e temas de espectáculo).

O luns, como cerre das festas, e nun día que os veciños reservan para eles, a música da orquestra LA BÁMBOLA e o espectáculo A Xira do Xacobeo da orquestra PANORAMA, que xa estivera hai dous anos cerrando a Barca.

Cartel variadísimo composto por dez formacións musicais que pasarán pola vila mariñeira en catro xornadas de festa a fartar. Non en van a Virxe da Barca é a raíña das celebracións da comarca, e competindo coa Barquiña de Ponteceso a poucos quilómetros. A Costa da Morte vai despedindo a temporada festeira por todo o alto.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*