Boa música nas festas grandes de Paiosaco

0
463

Grupo Jocker - 2009 - cartel

O grupo Jocker é o encargado de abrir as festas de Paiosaco

JOCKER (SÁBADO), VERSALLES (DOMINGO) E PANORAMA (LUNS) EN PAIOSACO

Fin de semana moi completa en canto a festas se refire, coa celebración de Santo Antón e o Corpus. Pois a todas as citas sinaladas durante estes días pasados sumamos hoxe unha nova, a pouco máis de 20 kms da Coruña.

A parroquia de Paiosaco (A Laracha), famosa polas súas feiras o primeiro e terceiro domingo de mes, está de festas grandes. Celébrase o Sacramento durante tres días coa actuación de tres bandas con diferente concepto pero ben coñecidas entre o público festeiro.

Comezan hoxe no campo da feira, situado no centro da vila, unhas das celebracións máis importantes en Paiosaco coa actuación do grupo JOCKER. Mañá domingo tocará a orquestra coruñesa VERSALLES e a fin de festa, o luns, estará a cargo da grande orquestra PANORAMA que encherá a ben seguro o campo da festa a pesar de ser xornada de traballo. Un grupo musical fará ao mediodía a sesión vermú e acompañará a orquestra pola noite.

Boa música os tres días, que volverá a Paiosaco a primeira fin de semana de xullo para celebrar a Festa das Cereixas, con verbenas e feira o domingo, motivo polo cal poderemos aproveitar a dar unha voltiña.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*