Gran concerto fin de temporada de Olympus

0
2217

olympus-20071130-record-guiness-277Imaxe do  concerto do record Guinness 2007 da orquestra Olympus / © fotografía de roxegar

A orquestra OLYMPUS de Negreira despide temporada, e faino por todo o alto. Este ano non hai concerto 24 horas como nas dúas edicións pasadas na praza central de Negreira, pero non por iso quedaremos sen broche final, todo o contrario; o 24 de outubro (sábado) na sala Dona Dana de Touro vaise montar a festa, e das gordas.

Cun impresionante despregue de medios técnicos e humanos a orquestra OLYMPUS ofrecerá un CONCERTO CERRE DE TEMPORADA 2009 E PRESENTACIÓN 2010 na citada discoteca.

A partir das 20.00 horas os compoñentes asinarán no exterior da sala, no escenario da orquestra, discos e merchandising da orquestra. Ademais haberá regalos, sorpresas e moitas cousas máis. Xa pola noite, despedida dos compoñentes que abandonana a formación musical cun concerto e mais un espectáculo preparado para a ocasión. E por se fose pouco, a orquestra presentará o seu novo disco El poder de la magia en directo.

Concerto máis que recomendable para seguidores de OLYMPUS e amantes da verbena. Ademais, os fans con carné da orquestra entrarán ao recinto de maneira gratuíta.

DATOS SOBRE O CONCERTO DE CERRE DE TEMPORADA DE OLYMPUS

  • Entrada gratis presentando o carné de fan de Olympus acompañado do DNI
  • Comezo da actuación ás 00:00 horas
  • Sinatura de discos e merchandising desde as 20:00 horas no exterior da sala
  • Presentación do disco El poder de la magia en directo
  • Aforo para máis de 5.000 persoas
  • Terraza con xardín exterior
  • Gran despregue de medios audiovisuais, con varias pantallas de vídeo no interior e no exterior da sala
  • Servizo de autobuses toda a noite desde Santiago (noitebús)
  • Zona de aparcamento para 2.000 coches xusto ao lado da sala
  • Porta especial para familias con fillos. Entrada habilitada para acceder á tribuna superior e evitar aglomeracións

SERVIZO DE NOITEBÚS PARA IR A DONA DANA A NOITE DO 24

SAÍDA CARA A TOURO: 22:00 HORAS REGRESO DESDE TOURO:05:00 HORAS LIÑAS DESDE O DÍA 23 DE OUTUBRO 2009, ATA XUÑO DE 2010, FIN DE ANO 2009 INCLUÍDO

LIÑA 1 — (Concello Boqueixón – Mosquera — 981587124) LESTEDO – SERGUDE – O FORTE – CAMPORRAPADO – EMPALME DE VILAR – PREVEDIÑOS – LOXO – TOURO

LIÑA 2 — (Empresa Gómez — 696406581) XANCEDA – TARRÍO – PAPUCÍN – CIMA DE VILA – MOAR – GRABANXA – CACHOPAL – SENRA – PORTO AVIEIRA – SIGÜEIRO – A SIONLLA – CRUCE LAVACOLLA – PEDROUZO – SANTA IRENE – CASTELO – TOURO

LIÑA 3 — (Ramos Seoane — 981787636) TEIXEIRO – AS CRUCES – SOBRADO – CARELLE – CORREDOIRAS – BOIMORTO – ARZÚA – MUÍÑA – TOURO

LIÑA 4 — (Mosquera — 981587124) SANTA CRUZ DE RIBADULLA – LESTEDO – ARÍNS – ALAMEDA – VITE – SAN LÁZARO – SAN MARCOS – LAVACOLLA – ARCA – TOURO

LIÑA 5 — (Empresa Gómez — 696496581) TEIXEIRO – CURTIS – CARBALLAS – MONTOUTO – LANZA – CAMPODURO – PONTECARREIRA – LARDEIROS – BUGALLEIRA – PUMAR – VILAR – CASTELO – TOURO

LIÑA 6 — (Empresa Gómez — 696496581) SOBRADO DOS MONXES – CORREDOIRAS – BOIMORTO (Gándara) – CASALDOEIRO – ARZÚA – BRANDESO – HORTAS – TURCES – TOURO

LIÑA 7  — VILA DE CRUCES – CAMPO DA FESTA CARBIA – CAMPO DA FESTA PILOÑO – SEÑORÍN – CAMANZO – GASOLINEIRA GRES- DON SANCHO PONTELEDESMA – O NERVIOSO CAMPORRAPADO – A ESTRADA FOXAS – A ESTRADA A OBRA – RIBEIRA – REMESQUIDE – CAMPO DA FESTA FAO – TOURO

LIÑA 8 — BERTAMIRÁNS (PRAZA MAHIA) – O MILLADOIRO (CAPELA DA MADALENA) – CONXO – TOURO

Sen comentarios

  1. IMPORTANTE

    ADEMAS DEL CARNET DE FAN HABRA QUE PRESENTAR EL DNI
    DE NO SE ASI SE ABONARA LA ENTRADA
    3 EUROS SIN CONSUMICION
    5 EUROS CON CONSUMICION
    RECUERDA CARNET DE FAN MAS D.N.I

Deixa unha resposta


*