Despois da Guadalupe chega o Nazareno

0
340

paris-de-noia-2009-cartelParís de Noia e Sintonía de Vigo cerran as festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal o vindeiro luns

No Barbanza seguen de festas. Despois da Santa Uxía en Ribeira e da Guadalupe de Rianxo que acabou hai unhas horas, cunha verbena ata a mañá a cargo de tres orquestras, chega agora outra das grandes: o Nazareno da Pobra do Caramiñal.

Para sermos exactos o Nazareno comeza xa o venres da rianxeira, pero hai que ser xustos e dicir que o venres a festa está en Rianxo, é o seu día grande. De todos os xeitos na Pobra sempre hai verbena ese día e non con pouca xente, sobre todo veciños que non se poden achegar a Rianxo ou que foxen das grandes aglomeracións, porque en Rianxo non cabe unha agulla ese día, e na Pobra o ambiente é moito máis tranquilo.

Os días fortes na Pobra son o sábado, domingo e luns. O sábado o máis importante son as verbenas da noite, o domingo as procesións, a traca e as verbenas e o luns, a sesión de fogos artificias e acuáticos, tamén con verbena de primeira fila.

Para este ano a contratación das orquestras correu da man de ESPECTÁCULOS LITO (salvo unha das formacións), cousa rara na Pobra, onde se acostuma ver orquestras doutra oficina. Así as cousas é a oportunidade de ver a PARÍS DE NOIA e a SINTONÍA DE VIGO cerrando as festas do Nazareno.

PROGRAMA DE ORQUESTRAS NAZARENO 2009

…..VENRES 18

ODISEA e LA BÁMBOLA

…..SÁBADO 19

PONTEVEDRA e CASABLANCA

…..DOMINGO 20

CINEMA e TAMBO

…..LUNS 21

PARÍS DE NOIA e SINTONÍA DE VIGO

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*